Servizos especializados en neurorRehabilitación

Todos os nosos servizos comparten o mesmo punto de partida: unha avaliación rigorosa e individualizada antes de calquera intervención. Non traballamos con protocolos xenéricos, senón con plans construídos a partir do que cada persoa necesita e pode alcanzar.

OS NOSOS SERVIZOS

IMG_3954

Terapia Ocupacional

A terapia ocupacional en UARA está dirixida a persoas cuxas capacidades funcionais se viron afectadas por unha causa neurolóxica. O noso traballo céntrase en recuperar ou compensar as dificultades que limitan a participación da persoa nas actividades que son importantes para ela: o coidado persoal, a vida doméstica, o traballo, o xogo ou as relacións.

Logopedia

A logopedia en UARA está orientada especificamente á patoloxía da comunicación, da linguaxe e da deglución de orixe neurolóxica. Non é logopedia xeral: é atención especializada para persoas nas que un dano ou trastorno do sistema nervioso está a interferir na forma en que falan, entenden, se comunican ou tragan.



Traballamos a linguaxe e a comunicación oral e escrita, a deglución e alimentación segura, a cognición comunicativa e a voz de orixe neurolóxica. Cando a fala oral non é posible ou suficiente, incluímos sistemas de comunicación aumentativa e alternativa (SAAC) adaptados á persoa.

A QUEN VAI DIRIXIDO?

UARA diríxese a persoas adultas e a familias con nenos ou adolescentes que teñen un diagnóstico neurolóxico ou do neurodesenvolvemento e necesitan atención especializada.

PREGUNTAS FRECUENTES

Non. Podes contactar directamente connosco para solicitar unha valoración inicial sen necesidade de ningún informe ou derivación previa. Se xa tes informes médicos ou doutros especialistas, tráeos: axudarán a contextualizar o caso.

Canto antes mellor, sempre que o estado médico da persoa o permita. Se tes dúbidas sobre o momento adecuado nun caso concreto, consúltanos directamente.

Si. A plasticidade cerebral non desaparece coa idade, aínda que os ritmos de cambio sexan diferentes. En persoas maiores con afasia, disartria ou disfaxia, a intervención logopédica pode mellorar significativamente a calidade de vida, a seguridade na alimentación e a capacidade de comunicarse co entorno. A avaliación previa permite definir obxectivos realistas e adaptados.

Tes dúbidas sobre se podemos axudarvos?

Consúltanos sen compromiso. O primeiro paso é contarnos a situación.